Bases do concurso DIVERSIMACINE 2018

 

✓ Poderán participar neste certame:

colectivos, ONG, produtoras e realizadores individuais de calquera nacionalidade, cultura ou relixión. Admitiranse dúas curtametraxes por participante.

✓ As obras

presentadas terán un mínimo de 5 minutos e non poderán superar os 30 minutos de duración.

✓ Os traballos

poderán escribirse en calquera lingua aínda que terán que vir obrigatoriamente traducidos ao galego.

✓ A temática

ten que se centrar nas Realidades Sociais que promovan a inclusión de calquera colectivo en situación de exclusión ou discriminación (migración, minorías étnicas, diversidade funcional intelectual, histórica, xeográfica, física ou sensorial etc.)

✓ A Organización presupón

que os titulares das curtametraxes presentadas ostentan todos os dereitos de exhibición e promoción das obras e material que representan.

✓ A obra presentarase  en formato

DVD, para poder concursar. Na carátula ten que constar o título, o nome do/a autor/a, a súa dirección de e-mail, e un teléfono de contacto. O DVD e a súa carátula deberán ir nun sobre debidamente pechado no que haberá que engadir:

• Un folio co título da curtametraxe e os datos do/da autor/a (nome, fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, teléfono, enderezo, e-mail, pequeno currículum e lugar de residencia)

• Noutro folio, deberá constar o título, a sinopse, o reparto e o equipo que realizou a curtametraxe, así como unha descrición da realidade que quere plasmar.

✓ As curtametraxes,

así como a documentación necesaria (fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, nome e apelidos, mail, enderezo e teléfono) deberán enviarse de dúas formas diferentes:

1. Ao e-mail: info@plataformadiversidarte.org
2. Ao enderezo: Por correo certificado a “Asociación Poten100mos” Rúa Ángel Rebollo 42, baixo, 15002 A Coruña.

✓ Poderanse enviar as obras:

• En formato dixital, a través de Wetransfer, para ser exhibidas na URL de youtube: https://www.youtube.com/user/diversidarte/feed
• Na web: www.diversidarte.com (Podedes atopar máis información actualizada do concurso)

✓ O tamaño máximo

será o solicitado por wetransfer para poder colgar os traballos na rede. Unha vez recibida a curtametraxe, confirmarase a súa correcta recepción e as modificacións que fagan falta serán notificadas por parte da organización mediante correo electrónico.

✓ Os formatos

obrigatorios de presentación serán: .MOV ou .MPEG4

✓ A organización resérvase o dereito

de rexeitar unha obra por mala calidade da imaxe ou do son.

E tamén, de publicar e reproducir as obras que participen no certame, así como fragmentos das mesmas para a promoción do Festival e da Asociación Poten100mos, sempre con fins promocionais e culturais, e sen ánimo de lucro.

✓ Data límite para a entrega

dos traballos até o 30 de setembro de 2018.

✓ Premios:

Repartiranse dous premios de 250 €. Un, o máis votado polo público nas redes sociais, e outro, por decisión do xurado.
1. Premio do público a través da votación nas redes do 1 ao 31 de outubro de 2018
2. Premio do xurado: nomearase un xurado oficial calificador para os premios, que estará composto por profesionais do vídeo, a televisión, a música, as artes e a comunicación audiovisual.

✓ Os/as autores/as dos traballos premiados,

ou algún representante dos/as mesmos/as, deberán estar presentes na entrega de premios. De non seren así, deberán delegar nunha persoa, debidamente autorizada, para recollelo.

✓ A decisión do xurado

e do público será inapelable.

✓ A entrega de premios

e proxección das dúas curtametraxes premiadas realizarase nun dos espazos culturais máis importantes da Coruña.

✓ A comunicación aos participantes

das obras seleccionadas farase mediante teléfono ou correo electrónico. Paralelamente, publicarase a devandita selección na páxina oficial do Concurso.

✓ A participación

neste Certame implica asumir as bases do mesmo.

✓ O xurado

será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación.

✓ Os orixinais non premiados

poderán ser retirados, no prazo de 30 días, na sede da Asociación Poten100mos (Rúa Ángel Rebollo 42, baixo 15002 A Coruña) previo correo dirixido ao enderezo postal da Asociación. No caso de que o/a autor/a non resida na Coruña, poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal contra reembolso.

✓ Esta convocatoria

entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación nos medios.