Logotípo de la plataforma diversidarte. además del nombre el logotípo es una figura humana de tres piernas cuatro brazos y dos cabezas. Todo ello muy artístico.

Arte y Diversidade

A Plataforma DiversidArte é un soporte creado para a promoción, produción e difusión de Arte onde os seus principais protagonistas son persoas con diversidade intelectual, física, psíquica e sensorial xunto con outros grupos en situación e risco de exclusión con actividades que promoven sinerxías entre colectivos e a súa propia inclusión como artistas dentro da sociedade.

A Plataforma DiversidArte é un proxecto organizado pola Asociación sen ánimo de lucro, Poten100mos. É unha ferramenta de difusión e mediación na venda de Arte Inclusivo que quere corrixir, empíricamente, a través de realidades expositivas, escénicas e musicais a percepción errónea do que é normal e o que non.

... O DIFERENTE; aqueles que non terminan de encaixar, ou que se consideran "inexeqüíbeis". As barreiras que a Asociación Poten100mos a través deste proxecto quere romper e demostrar que a DIVERSIDADE é unha das grandes riquezas da nosa sociedade e que a Arte é Universal.

PLATAFORMA DIVERSIDARTE