Concurso DIVERSIMACINE 2018

Bases do concurso DIVERSIMACINE 2018

Poden participar

Colectivos, ONG, produtoras e realizadores individuais de calquera nacionalidade, cultura ou relixión. Admitiranse dúas curtametraxes por participante.

A temática

Buscamos traballos que se centren nas Realidades Sociais que promovan a inclusión de calqueira colectivo en situación de exclusión ou discriminación (migración, minorías étnicas, diversidade funcional intelectual, histórica, xeográfica, física ou sensorial etc.)

Duración das obras

Terán un mínimo de 5 minutos e non poderán superar os 30 minutos de duración.

Lingua

Poderán incluir calquera lingua aínda que terán que estar tamén subtitulados ou dobrados ó galego.

Os premios:

Repartiranse dous premios de 250 €.

O Xurado

Un dos premios será otorgado polo público e outro polo xurado.
O Premio do público decidirase a través da votación que terá lugar despois da proxección dos traballos presentados nun evento público que terá lugar durante o festival.
O xurado oficial estará composto por profesionais do vídeo, a televisión, a música, as artes e a comunicación audiovisual.

As dúas votacións serán inapelables.

O Xurado será quen resolva aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación.

Responsabilidade sobre os dereitos

Que os titulares das curtametraxes presentadas ostentan todos os dereitos de exhibición e promoción das obras que presentan.

Formato

.MOV ou .MPEG4

Estes arquivos enviaranse tamén en DVD, para poder concursar.

O tamaño máximo será o correspondente para poder colgar os traballos na rede. Unha vez recibida a curtametraxe, confirmarase a súa correcta recepción e as modificacións que fagan falta serán notificadas por parte da organización mediante correo electrónico. As obras iranse colgando nas redes sociais do festival por orden de recepción.

Documentación

Na carátula ten que constar o título, o nome do/a autor/a, a súa dirección de e-mail, e un teléfono de contacto. O DVD e a súa carátula deberán ir nun sobre debidamente pechado no que haberá que engadir:

• Un folio co título da curtametraxe e os datos do/da autor/a (nome, fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, teléfono, enderezo, e-mail, pequeno currículum e lugar de residencia)

• Noutro folio, deberá constar o título, a sinopse, o reparto e o equipo que realizou a curtametraxe, así como unha descrición da realidade que quere plasmar.

Forma de envío

1. E-mail (we transfer ou similar para as obras): info@plataformadiversidarte.org
2. Enderezo postal: Por correo certificado a “Asociación Poten100mos” Rúa Ángel Rebollo 42, baixo, 15002 A Coruña.

Dereitos reservados pola organización

Rexeitar unha obra por mala calidade da imaxe ou do son.

Publicar e reproducir as obras que participen no certame, así como fragmentos das mesmas para a promoción do Festival e da Asociación Poten100mos, sempre con fins promocionais e culturais, e sen ánimo de lucro.

Data límite para a entrega

12 de outubro de 2018.

A entrega de premios

Terá lugar no Museo de Belas Artes da Coruña. Os/as autores/as dos traballos premiados deberán estar presentes na entrega de premios. De non ser así, deberán delegar nunha persoa, debidamente autorizada, para recollelo.

Máis información

Na web www.diversidarte.com e no e-mail info@plataformadiversidarte.org, indicando en asunto: “Certame Diversimacine”.

Correo electrónico

Si estás interesado en adquirir arte de alguno de los artistas de esta Plataforma o si eres un artista interesado en unirte a nosotros, podéis escribirnos a:

info@plataformadiversidarte.org

Teléfono

O si prefieres comunicarte con nosotros por teléfono, llama o envía un mensaje al:

+34 625 126 235