Concurso de poesía “DIVER-SÍA”

Bases “DIVER-SÍA” Certame de poesía e relato curto pola diversidade

Poden participar

Todas as persoas maiores de 18 anos, así como colectivos, ONG, de calquera nacionalidade, cultura ou relixión.

A temática

Buscamos traballos de temática social que promovan a inclusión e a diversidade. Poderán escribirse en prosa ou en verso.

Nº de obras admitidas

Un máximo de dous textos por participante. As obras deberán ser inéditas.

Características dos textos

Os textos terán un mínimo de 140 caracteres, en prosa ou en verso. E non poderán superar 20 liñas, a unha columna, en Garamond 12, a dobre espazo.

A lingua

Os traballos poderán escribirse en calquera lingua, aínda que terán que vir obrigatoriamente traducidos ao galego.

O premio

Haberá un premio único de 150€.

O xurado

Entre todos os traballos recibidos, o público elixirá ós cinco finalistas a través do seu voto nun evento público onde os autores deben recitar as súas obras e que terá lugar durante o festival. Os textos tersanse que recitar ou ler en galego, ademáis da lingua orixinal na que se escribiran.

Un xurado formado por profesionais da cultura e da lingua decidirán, entre estes cinco finalistas, o/a gañador/a do primeiro premio.

Documentación

Os textos deben presentarse en tamaño A4  nun sobre debidamente pechado no que haberá que engadir:

• Un folio co título do texto e os datos do/a autor/a (nome, fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, teléfono, enderezo, e-mail, pequeno currículum e lugar de residencia)
• Noutro folio, deberán constar outros datos do/a autor/a, así como unha breve descrición da realidade que quere plasmar.
• Dúas copias do texto en galego, e outras dúas na lingua orixinal. Se esta estivese orixinalmente en galego, valerá só con dúas copias: orixinal e duplicado.

Forma de envío

Os traballos, así como a documentación necesaria (fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte; nome e apelidos, mail, enderezo e teléfono) deberán enviarse de dúas formas diferentes, especificando o asunto: Certame de poesía e relato curto Diver-sía:
1. Ao e-mail: info@plataformadiversidarte.org.
2. Ao enderezo: Por correo certificado a “Asociación Poten100mos” Rúa Ángel Rebollo 42, baixo, 15002 A Coruña.

Data límite

12 de Outubro de 2018.

A entrega de premios

O evento de entrega de premios de Diver-sía realizarase, en conxunto coa entrega de premios das curtometraxes/documentais Diversimacine, no Museo de Belas Artes da Coruña.

Máis información

Na web www.diversidarte.com e no e-mail info@plataformadiversidarte.org, indicando en asunto: “Certame Diver-sía de poesía e relato curto pola diversidade”

Correo electrónico

Si estás interesado en adquirir arte de alguno de los artistas de esta Plataforma o si eres un artista interesado en unirte a nosotros, podéis escribirnos a:

info@plataformadiversidarte.org

Teléfono

O si prefieres comunicarte con nosotros por teléfono, llama o envía un mensaje al:

+34 625 126 235