Festival DiversidArte 2018 V2

DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas é unha mostra de todas as artes pola diversidade na Coruña.

Todo o que vas ver, escoitar, sentir, bailar e disfrutar está feito por ou dedicado a persoas que pertencen a colectivos en exclusión social, dándolles así visibilidade en lugares de tránsito público e social da cidade.

Cando?

Do 2 ao 17 de Novembro

¡A nosa época favorita do ano! Cando expandimos a arte pola cidade en favor da diversidade.

Como?

A fotografía

Este ano empregamos a fotografía para facer foco sobre colectivos diversos.

Onde?

En los bares

Bares, lugares de reunión para compartir momentos … e arte diverso.

EXPOSICIÓNS

MOHAMED SAID HAMDAD
(Café Macondo)

Artista visual, fotógrafo e comprometido defensor dos dereitos humanos. Mohamed Said Hamdad continúa explorando novas formas de expresión a través das ilustracións, da pintura, da escultura e sobre todo da fotografía para realizar e ir máis lonxe no seu enfoque artístico ao servizo da humanidade.

NWN (Nos, Why Not)
(El Valentín)

NWN é a primeira axencia de fotógrafos con diversidade funcional intelectual. Busca o empoderamento, a visibilidade e a unión das persoas con discapacidade funcional intelectual, dándolles a posibilidade de ser fotógrafos profesionais e tecendo unha rede internacional de fotógrafos con diversidade.


MAR DE HILOS
(O Recuncho de Esmeralda)

Exposición fotográfica do alumnado do taller de fotografía impartido por Rolo Chapela e Sarilein Schnee (Photosymbiosis) como parte do proxecto de Accem, “Mar de Hilos”: un proxecto inclusivo, artístico e social.

LA DIAPO
(BâBâ Bar)

“As Miradas que falan” nace coa idea de sensibilizar e promover a inclusión das persoas con diversidade funcional. Luis ZaheraIsabel BlancoCamila BossaVictor Mosqueira e César Goldi son algúns dos actores e actrices que se confrontan con nove retratos de persoas con diversidade funcional intelectual do Centro Pai Menni.


LÁZARO LOUZAO
(FIANDÓN)

Lázaro Louzao comeza a expoñer fotografía no 2006 acumulando ao día de hoxe 9 exposicións individuais e 10 colectivas en distintos puntos da xeografía galega, vasca e mexicana. A súa primeira longametraxe, “Nove de Novembro” (2018), é a primeira de temática LGTB rodada en galego e coa que está a virar por festivais de todo o mundo. Inaugura en #DiversidArte2018 a súa exposición “O Tento”.


CHELO DO XASTRE
(ART-T CAFÉ)

“Son dun pequeno pobo mariñeiro da Costa da Morte chamado Fisterra, por iso o mar case sempre está presente nas miñas fotos. A fotografía é a miña paixón, sen ela a miña vida non tería sentido”.

ISABEL LÓPEZ FRIEIRO
(La Estrecha)

Unha lectora empedernida e gran amante da arte. “En casa pásome horas pintando, escribindo, tocando … Cando podo saio e o meu gato acompáñame. Fago fotos de anacos de natureza“.

O SORRISO DO CHIMPANCÉ
(15002 Ideas Coworking)

“O Sorris do Chimpancé” parte dun concurso de arte inclsuiva organizado pola Plataforma DiversidArte empregando como tema de base “As emocións”. Estivo aberto a todas as persoas que quixeron constatar a realidade que implica o termo “Arte inclusiva”, moito máis que un termo …

AXENDA

GALA FESTIVAL DIVERSIDARTE 2018 E ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DIVERSÍA E DIVERSIMACINE

Venres 9 de Novembro as 20:00h no Museo de Belas Artes da Coruña.
(Rúa Zalaeta, 2, 15002 A Coruña)

O día 9 de novembro, no ecuador do festival, celebraremos a Gala DiversidArte 2018 no Museo de Belas Artes da Coruña. Será un momento moi especial nestes días de espallamento artístico e diverso pola cidade! 

Aproveitarmos este evento para entregar os premios dos concursos DiversimaCine e Diversía convocados na entorna do festival e compartiremos os traballos gañadores: proxectaremos as pezas audiovisuais galardoadas e se recitará o texto premiado. Tamén temos o pracer de contar coas seguintes actuacións que esperamos disfrutedes con nós: 

“Torre de Babel” de Asociación Diversos

Proxecto de formación,investigación e creación a través da danza, o teatro, as artes plásticas e os medios audiovisuais. Integra a persoas con dotes artísticas  sen limitar as súas capacidades físicas ou psíquicas. Explórase sobre a reinterpretación do episodio bíblico da Torre de Babel.

Orinoco Danza y Tradición (Venezuela)

Orinoco nace da necesidade de manter viva a cultura venezolana, raíces e folclore. Ofrecerán
un espectáculo alegre e variado, traendo a alegría do seu folclore á nosa cidade.

Ricardo Prado (A Coruña)

Ricardo Prado sorprenderanos coa coreografía “Believer”. A danza é a súa gran motivación
desde moi pequeno no seu camiño para buscar o seu lugar no mundo. Esta peza, elixida por
Ricardo e preparada co apoio da súa profesora de baile Estefanía Gómez (Artestudio) é a
expresión pura dos seus sentimentos e a súa reafirmación como bailarín profesional.

Correo electrónico

Si estás interesado en adquirir arte de alguno de los artistas de esta Plataforma o si eres un artista interesado en unirte a nosotros, podéis escribirnos a:

info@plataformadiversidarte.org

Teléfono

O si prefieres comunicarte con nosotros por teléfono, llama o envía un mensaje al:

+34 625 126 235